CRTVG

Buscar

Luxemburgo envía axuda a Portugal, que continúa mellorando os datos

Publicado o 17/02/2021 21:09

O 12 % da poboación deste pequeno país é portugués. Por iso, aínda que a situación está mellorando, enviaron de xeito simbólico unha médica e unha enfermeira filla de emigrantes portugueses ao hospital de Évora, no Alentexo. O domingo que vén, chegará outra parella máis. Mentres o equipo de sanitarios de exército alemán continúa traballando en Lisboa. Son 26 e haberá remuda dentro de 10 días.

Portugal ten actualmente unha incidencia de 600 casos por cada 100.000 habitantes, case o dobre que España, pero os datos van baixando pouco a pouco e a mellora xa se nota tamén en cousas que se poden ver, como por exemplo que en Viseu, a 125 quilómetros de aquí, do Porto, pecharon o pavillon polideportivo onde tiñan unha UCI improvisada. O hospital do distrito xa pode acoller todos os doentes.

 

 

Noticias web

17/02/2021