CRTVG

Buscar

Luns solleiro de agosto en Galicia

Publicado o 02/08/2021 14:18

As campás da catedral de Santiago parecían repenicar esta mañá saúdando o día solleiro, por fin, e os numerosoas turistas que ateigaban as inmediacións xa desde primeiras horas, aproveitando o sol pero abrigados, porque este agosto non se vai diferenciar moito do xullo pasado, fresco e toldado. Esta semana, só nos dá hoxe de respiro ata o vindeiro domingo que recuperaríamos, segundo as previsións, a influencia do anticiclón dos Azores.  
 
Mañá será xornada de transición porque chega unha nova fronte asociada a un centro de baixas presión no noroeste de Galicia, polo tanto mañá ceo cuberto de oeste e leste, precipitacións na parte noroccidental que traerá descenso de temperaturas. Moi cambiante para esta primeira semana do mes de agosto.

Que en Galicia esteamos afeitos a esta inestabilidade en pleno verán non quita que ás veces nos desbarate os plans de vacacións. Os que parece que levan mellor o fresco son os turistas e peregrinos. A maior parte xa sabían o que ían encontrar, veñen preparados e mesmo agradecidos.

O caso é que este luns solleiro animará moito máis a saír da casa e gozar da praia e doutras actividades ao aire libre propias do verán. Aproveiten que mañá, martes, agosto volve revirarse.

Noticias web

02/08/2021