CRTVG

Buscar

Luns negro das bolsas europeas pola crise do coronavirus e do petróleo

Publicado o 09/03/2020 15:11
Luns negro das bolsas europeas pola crise do coronavirus e do petróleo

O temor ao impacto económico do coronavirus, sumado á guerra dos prezos do petróleo, fai que as bolsas europeas vivan un luns negro. O IBEX afundiuse un sete por cento na apertura, ata mínimos de 2016. Todos os valores cotizan en vermello, pero os máis penalizados son Arcelor-Mittal e Repsol, que caen un 13 por cento.

A baixada de prezo do petróleo brent, coa caída máis drástica dende a guerra do Golfo, arrastrou as bolsas asiáticas e europeas. A de Milán perde o dez por cento, e a prima de risco italiana disparouse 30 puntos.

Noticias web

09/03/2020