CRTVG

Buscar

Incendios en Grecia e Italia polas altas temperaturas

Publicado o 01/08/2021 17:10

As zonas costeiras mediterráneas de Grecia e Italia non se libran dos incendios.
No país heleno, varias poboacións foron evacuadas, na rexión de Acaya, na península do Peloponeso, tras a propagación das lapas. As autoridades informaron dun total de 56 incendios.
As altas temperaturas e o forte vento tamén se aliaron no sur de Italia, sobre todo en Sicilia. En Catania, 150 persoas foron rescatadas polos bombeiros, que non dan abasto, ante a forza que acadaron os incendios.


 

Noticias web

01/08/2021