CRTVG

Buscar

Lula da Silva sae do cárcere despois dun ano e sete meses

Publicado o 08/11/2019 22:57
Lula da Silva sae do cárcere despois dun ano e sete meses

O ex-presidente do Brasil Luiz Inácio Lula da Silva saíu hoxe do cárcere onde cumpría unha condena por corrupción desde había 1 ano e 7 meses, na cidade de  Curitiba, tras unha decisión da Corte Suprema.

Lula, de 74 anos, recorrerá ante a súa condena en liberdade. Á súa saída da Superintendencia da Policía Federal de Curitiba, capital do estado de Paraná, congregáronse centos de simpatizantes que chegaron ata os arredores da sede policial para recibir o líder socialista. "Lula libre! Lula libre!", gritaban os seguidores.

O xuíz Danilo Pereira  Jr., da Sala Criminal 12ª de Curitiba, decretou pouco antes a súa liberdade, de acordo cunha decisión do Supremo Tribunal Federal, que declarou inconstitucional a prisión dunha persoa condenada antes de que se esgoten todos os recursos na Xustiza, como é o caso de Lula e doutros preto de 5.000 presos. Lula cumpría unha pena de 8 anos e 10 meses de prisión, ratificada en tres instancias diferentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí