CRTVG

Buscar

Luisiana informa dunha segunda vítima mortal polo furacán Ida

Publicado o 31/08/2021 08:49

Nos Estados Unidos fan balance de Ida. Un home afogado no interior do seu coche cando circulaba por unha estrada anegada é a segunda vítima mortal do paso do furacán polo estado de Lousiana, no sur dos Estados Unidos.

Ida, que se foi degradando en tormenta tropical a medida que avanzaba polo interior do estado, deixou inundacións, cortes de luz, areas illadas e infraestruturas danadas.

O gobernador de Louisiana dixo que as comunidades afectadas tardarán bastante tempo en recuperarse dos danos causados polo furacán.

Noticias web

31/08/2021