CRTVG

Buscar

Luís Villares reivindica a autonomía de cada marea local para elixir os seus candidatos nos concellos

Publicado o 02/02/2019 20:40

Coa vista posta nas eleccións locais, En Marea avanza na preparación do encontro municipalista que ten previsto celebrar en marzo. Con todo, Luís Villares reivindica a autonomía de cada marea local, nos procesos de eleción dos seus candidatos. E anuncia que na vindeira semana se presentarán as mareas de Poio, Tui e A Guarda.

En relación ás pimarias da Marea Atlántica, na Coruña, e ás baixas na lista de Xulio Ferreiro, que opta a reeleción, Villares dixo que "haberá unha candidatura gañadora" na cidade herculina.

Amais, o consello de En Marea acordou levar ao parlamento unha iniciativa para rexeitar en Galicia os pactos, con forzas contrarias ás autonomías, como VOX.


 

Noticias web

02/02/2019