Luís Villares: "Os consensos sobre os que se creou o espazo de En Marea estaban rotos dende hai tempo"
• "O do senador foi a gota que reborda o vaso, pero foi co caso Quinteiro co que se empezou a desmoronar todo"
• "Tratei de negociar con Iglesias un verdadeiro grupo confederal no Congreso. A resposta foi unha negativa rotunda. O noso erro foi non ir ao grupo mixto"
En Marea: Crónica dunha morte anunciada
"Estamos ante a ruptura inevitable. Os consensos sobre os que se creou o espazo de En Marea estaban rotos dende hai tempo. Algúns fixemos un esforzo de preservar a unidade cun compromiso programático, pero iso non foi correspondido. Sufrimos a raíz do Vistalegre 2 de Podemos, cando decidu apartarse da trasversalidade, o que supuxo unha purga ideolóxica. Podemos recontruise como un partido único, que implicou a ruptura das confluencias".
Caso Quinteiro como xerme da ruptura
"É inexplicable o papel dalgúns partidos en Galicia durante os últimos meses. Un dos partidos impulsores de En Marea, como Anova, non cumpriron despois coa súa palabra. Os partidos non respectaban a autonomía do grupo parlamentario, o que imposibilitaba levar adiante o programa. Houbo persoas que intentaron mandar dende a parte de atrás, sen dar a cara. Foi imposible continuar pola presión lobbística dos partidos. O tema do senador foi a gota que reborda o vaso, pero hai que lembrar o caso Quinteiro, co que se empezou a desmoronar todo. Todos os partidos fixeron unha defensa corporativa de Quinteiro simplemente por ser unha deputada de Podemo, ante un acto que era incompatible co noso código ético, que mancaba a nosa credibilidade".
"Daquela non rachamos por unha mala entendida responsabilidade. A unidade era un valor políitco-moral, pero a unidade sen lealdade non vale para nada. Pasamos por cousas que non eran asumibles para o electorado, como a votación a favor duns orzamentos lesivos para Galicia. A nosa maior equivocación, e por iso pedimos perdón, foi non emanciparnos antes".
O futuro de En Marea
"Non renunciamos o nome de En Marea, En Marea intégrase no grupo mixto. O resto dos deputados xa anunciaron que van cambiar de nome".
A relación con Iglesias
"Ante o amordamento de En Marea no Congreso, eu mesmo encabecei unha delegación en 2018 para negociar con Iglesias un verdadeiro grupo confederal. A resposta foi unha negativa rotunda. Daquela o noso erro foi non ir ao grupo mixto"
O futuro de En Marea
"Antes vivía máis tranquilo, pero non estou arrespentido do meu salto á política. Foi unha honra. En nome de En Marea imos reivindicar unha nación ampla, comprometida coa xustiza social. Eu seguirei traballando con En Marea, e as bases decidirán o que pase de cara a vindeira cita electoral"