CRTVG

Buscar

Villares gaña as primarias de En Marea e imponse a Bruzos co 59,24% dos votos

Publicado o 24/12/2018 20:26

• Bruzos di que é necesaria unha auditoría que valide o proceso

• Na votación participaron o 58% dos inscritos con dereito a votar

• As eleccións avivaron as diferenzas internas

Segundo uns resultados aínda provisionais, a candidatura de Luis Villares obtivo case o 60% dos votos dos inscritos de En Marea contra o 40% do seu rival, David Bruzos. Con estes datos, Villares controlará 21 das 35 cadeiras do principal órgano de dirección do partido. Faise tamén cos cinco asentos da Comisión de Garantías. Tras un proceso electoral convulso, o gañador urxía a pasar páxina.

Luis Villares: "É o momento de pechar feridas, de pechar filas e de traballar deixando de falar de nós para falar dos problemas da xente e das solucións"

Pero a candidatura derrotada non recoñece o resultado. Denuncian a falta de supervisión do proceso. O comité electoral négao.

David Bruzos: "Si non temos unha entidade que valide os resultados e, ademais, non sabemos como se fixo o reconto, os nosos interventores non puideron estar presentes, temos serias dúbidas de que estes resultados sexan adecuados á votación das inscritas"

Daniel Conde, voceiro do Comité Electoral de En Marea: "O proceso desta fin de semana foi estremadamente garantista. Mesmo as queixas acerca do proceso foi polo exceso de seguridade"

Entre Todas, a lista derrotada, desconfía da auditoría que terá que validar agora limpeza do proceso. Danse un período de reflexión antes de decidir se seguen dentro de En Marea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2018