Luís Villares explica nunha carta á militancia de En Marea que se sentiu como "un bicho raro"
Nunha carta longa Luís Villares explica aos militantes de En Marea as causas que o levaron a non volver presentarse ás primarias da formación e deixar a vida política. Di que lle encargaron liderar un proxecto político plural en que as persoas estivesen por riba dos partidos, pero insiste en que as cúpulas das formaciós non lle deixaron desenvolvelo.
Cualifica as forzas de esquerda de "envellecida nova política" e repróchalles aos seus líderes que prioricen a repartición de postos e deixen de lado os problemas dos cidadáns.
Afonda aínda máis nesta crítica e, literalmente, asegura que "utilizaron a sociedade civil para os seus propios intereses particulares".
Villares confesa na súa misiva que se sentiu "un bicho raro" dentro da esquerda por intentar facer política dende "a inocencia e a ética".
Insiste en que é necesaria a continuidade de En Marea "para evitar o monopolio dos partidos limitados -di- polos intereses das súas cúpulas".
Luis Villares remata asegurando que a xente das mareas é "o osíxeno ético da democracia en Galicia".