CRTVG

Buscar

Luís Villares: "A papeleta do 28 de abril vai sumar todo o espazo político do cambio"

Publicado o 26/02/2019 19:46

O líder de En Marea cre que haberá acordo con Podemos, Anova e Esquerda Unida para presentarse ás xerais e apela ás bases destas formacións. Nunha entrevista na TVG, Luís Villares amosouse confiado en que "o 28 de abril vai haber unha papeleta de En Marea que vai sumar todo o espazo político do cambio. Sen dúbida, estará xente que simpatiza, que é militante deses tres partidos, sen dúbida ningunha".

Pero o certo é que as cúpulas dos dous sectores manteñen aínda posturas distantes. Esquerda Unida celebra as súas primarias a semana que vén. Podemos xa as fixo en decembro, das que saíu Antón Gómez-Reino como cabeza de lista pola Coruña. E en paralelo, En Marea lanzou as súas propias.

A este respecto, Luís Villares cre que "se Antón Gómez-Reino desexa ser o cabeza de lista de En Marea pola provincia da Coruña, nas primarias internas terá unha magnífica oportunidade de ser refrendado", e segue defendendo que a mellor maneira para presentarse é baixo a fórmula de partido e non de coalición.

Noticias web

26/02/2019