CRTVG

Buscar

Luis Varela: "Hai moitísimas alternativas para volver á actividade"

Publicado o 16/10/2019 11:42

Hoxe a vila das Pontes está convocada unha folga xeral, unha paralización total de toda a actividade e administración pública e privada. Para tratar da situción falamos co presidente do comité de empresa de Endesa-As Pontes, Luis Varela.

"Hoxe paramos debido ao cesamento da actividade por unhas decisións que non sabemos se son só empresariais ou tamén políticas", explica.

Sobre a marcha cara Madrid, Luis Varela di que "da comarca saen hoxe 17 autobuses cara Madrid. Os transportistas xa saíron onte pola tarde, foron máis dun cento de camións. O que imos pedir en Madrid é que se faga unha transición xusta. O que non se pode facer é deixarnos descolgados sen aparentemente ter motivos. Nós estamos pelexando moito, xa tivemos diversas reunións porque temos oportunidade de facer outra xeración eléctrica a nivel medioambiental. Esperamos que isto saia adiante e poidamos retomar a actividade, porque é posible, porque hai alternativas: temos biomasa de terceiro valor, temos biocombustibles, temos residuais... Hai moitísimas oportunidades para volver á actividade".

En canto á concienciación e compromiso co tema, o presidente do comité asegura que "a xente está moi identificada coa situación, toda a comarca en xeral e incluso moitas outras zonas están apoiando a causa".