CRTVG

Buscar

Luis Suárez recibe a alta médica e Messi segue adestrándose á marxe

Publicado o 06/06/2020 14:47

As lesións van ser o gran problema dos equipos nesta temporada concentrada en pouco máis dun mes. E unha das primeiras incógnitas será o estado de Leo Messi. O arxentino exercitouse á marxe na volta do Barcelona ao Camp Nou, que non pisaba desde o sete de marzo. Tamén está tocado Semedo.

A boa noticia da sesión foi a recuperación definitiva de Luís Suárez. O uruguaio xa ten a alta médica, cinco meses despois dunha lesión de xeonllo que ía acabar coa súa temporada. A parada pola pandemia permítelle disputar estas once xornadas.




 

Noticias web

06/06/2020