CRTVG

Buscar

Luis Ruiz, sobre o Leganés: "Imos atopar un rival con grandes xogadores, e con Asier terán ese subidón mental e anímico que os pode impulsar neste partido"

Publicado o 28/01/2021 17:37

O lateral esquerdo do Lugo Luis Ruiz valorou a volta do adestrador Asier Garitano ao seu próximo rival, o Leganés, ao que visitará o luns en Butarque: "Asier Garitano triunfou no Leganés, tivo unha traxectoria en Primeira, traballa moito o rigor táctico e non deixa nada á improvisación", comentou.

O defensa coincidiu con Garitano na primeira etapa do técnico no equipo madrileño, co que os dous pasaron de Segunda B a Primeira. Na máxima categoría, o Leganés debutou sen o lateral, que esa tempada foi ao Cádiz e posteriormente se uniu ao Lugo, onde agora afronta a súa segunda etapa. "Imos atopar un rival con grandes xogadores, e con Asier terán ese subidón mental e anímico que os pode impulsar neste partido", prognosticou o futbolista.

Noticias web

28/01/2021