CRTVG

Buscar

Luis Lacalle toma posesión este domingo como presidente do Uruguai

Publicado o 01/03/2020 00:50
Luis Lacalle toma posesión este domingo como presidente do Uruguai

Tabaré Vázquez deixa a presidencia do Uruguai. Entregaralle a banda presidencial ao seu sucesor, Luis Lacalle Pou. Este sábado Vázquez recibiu os últimos honores como mandatario do país suramericano. Vázquez ten intención de continuar vencellado coa política como militante da Fronte Ampla, a coalición de esquerda que goberna o Uruguai dende 2005, con dous mandatos seus e un do histórico José Mujíca.

Toma a remuda o representante do centro dereita, Luis Lacalle, que gañou a segunda volta das presidenciais de novembro ante o candidato oficialista, Daniel Martínez. Gobernará ata 2025.