CRTVG

Buscar

Luis Enrique: "Robert Moreno foi desleal, non o quero no equipo"

Publicado o 27/11/2019 17:29

Luis Enrique gaba a ambición da xente, pero non a deslealdade. E ese foi o motivo do desencontro con Robert Moreno. Moreno quería ser seleccionador na Eurocopa e despois, se cadra, apartarse. Luis Enrique interpretouno como un detalle feo e perdeu a confianza que tiña nel.

Claro, rotundo e directo. Luis Enrique non defraudou na súa volta á selección. El foi o primeiro en afrontar a polémica suscitada tras a saída de Robert Moreno. O desencontro entre ambos ocorre na xuntanza que tiveron o 12 de setembro.

Sénteo desleal e comunícalle que nunca volverá ser o seu segundo, que se atopa forte para volver ao fútbol, non sabe a onde. Todo cambia coa chamada da Federación a finais de outubro.

Unha historia e un proxecto que retoma o asturiano con ilusión, cinco meses despois da súa marcha. A mensaxe para os xogadores é de tranquilidade, contará o rendemento.


 

Noticias web

27/11/2019