CRTVG

Buscar

Luis Enrique: "Espero estarmos en oitavos e pasarmos coma primeiros"

Publicado o 22/06/2021 22:06

• Recoñece que o seu nivel de procupación é dun sete sobre dez e que quere seguir como seleccionador ata o Mundial

Mañá saberemos o futuro da selección española na Eurocopa. Xoga ás seis da tarde contra Eslovaquia, e Luis Enrique confesa estar preocupado. Na previa do encontro dixo que de cero a dez ten un sete de nivel de preocupación. Aínda así confía en pasar como primeiros de grupo. Fiel ao seu estilo non quixo avanzar os posibles cambios que se dan por seguros no once titular. Sergio Busquets podería sair de cara e haberá posiblemente novidades tamén na defensa. O que si dixo Luis Enrique foi que lle vai a marcha e que quere continuar no posto.

Noticias web

22/06/2021