CRTVG

Buscar

Luis Enrique di que a actitude de Brais no grupo burbulla foi clave para convocalo

Publicado o 27/08/2021 11:46

O de Mos ve a convocatoria como unha recompensa do "traballo realizado durante moito tempo"

Tres meses despois Luis Enrique premia a Brais Méndez. É a primeira convocatoria logo da Eurocopa, e son tres partidos de clasificación para o mundial.

Brais foi un dos chamados ao grupo burbulla cando apareceu a covid na selección nas vésperas da Eurocopa e o xogador do Celta gozaba das súas vacacións en Grecia.

"Foi determinante, pero non porque viñeran, pola súa actitude e preparación de cara a estar 5 días nun hotel e o nivel que deron adestrando foi clave para convencerme de que os convocara", declarou contundente Luis Enrique.

Brais Méndez debutou coa Selección  da man de Luis Enrique en 2018 nun  amigable contra Bosnia en que ademais marcou un gol. Esta nova oportunidade bríndaselle ante partidos oficiais.

"Xa non son tres amigables, estás xogando por meterte nun mundial. Iso fala da confianza do míster no grupo", comentou o futbolista de Mos.

Luis Enrique dalles descanso a Pedri e Oyarzábal. Outras ausencias como a de Thiago Alcántara teñen outra lectura.

"É evidente que da Eurocopa algúns xogadores saen reforzados e outros debilitados", conluíu Luis Enrique

Na súa órbita entra Sergio Carreira, convocado pola sub-21. O lateral saíu este verán do Celta cedido ao Mirandés da Segunda División. Ábrenselle as portas da selección a un dos canteiráns máis prometedores.

 

 

Noticias web

27/08/2021