CRTVG

Buscar

Luís, con síndrome de Down, superou a covid e agora xa coa primeira dose da vacina

Publicado o 16/04/2021 15:03

Luís, de 47 anos, recibía a primeira dose da vacina no Complexo Hospitalario de Ourense, onde en febreiro estivera ingresado pola covid-19. Hoxe viña moi contento porque, aínda que tivo que agardar para poder almorzar, xa ten a vacina posta.

"Vacinouse, porque viña moi contento porque quería vacinarse, verdade, Luís?", "Si", dille á súa irmá, Elisabeth Garrido. 

Luís puido reencontrarse tamén con algunhas das profesionais que o atenderon. E como Luís, o resto de persoas con síndrome de Down que non están en centros asistenciais, están a ser vacinados esta semana, unha reivindicación do colectivo en Galicia.

"Por que? Porque as persoas con síndrome de Down e maiores de 40 anos son poboación de risco, de poder padecela con maior probabilidade e tamén que unha vez que a padecen teñen tamén maior probabilidade de ter complicacións como foi o caso de Luís", explica, Susana Rodríguez, xerente de Down Ourense.

Vive coa súa irmá e en febreiro contaxiouse, estivo tres semanas ingresado, unha delas na UCI, pero agora xa está recuperado e recuperou tamén a súa anterior vida. Luís é todo un exemplo de superación e un supervivente máis do virus.

Noticias web

16/04/2021