CRTVG

Buscar

Luís César, un adestrador con moita experiencia na Segunda

Publicado o 08/10/2019 16:14

20 anos leva como técnico Luis César. É o sexto que máis encontros dirixiu en segunda: un total de 425. Dos que continúan en activo só Paco Herrera e Enrique Martín o superan.

Estreouse no banco do Rácing na división de prata no ano 2000, xusto despois de colgar alí as luvas. Era porteiro. Tras catro temporadas en Ferrol, onde descendeu e volveu subir, fichou polo Nástic en 2004, onde estivo dúas temporadas e media. Ascendeu a primeira na campaña 2005-06 e dirixiuno na máxima categoría, pero foi destituido en novembro.

Ao ano seguinte, 2007, asumiu a dirección do Poli Exido en segunda pero tampouco rematou a temporada.

Volveu ao Nástic en marzo de 2010 para salvar ao equipo. Logrou o obxectivo e continuou aínda que volveu ser cesado.

En marzo de 2012 asinou polo Alcoiano pero non logrou evitar o descenso a segunda B. Mellor lle foi co Albacete, ao que ascendeu á división de prata na temporada 2013-2014 tras sumar 82 puntos, igualando o récord da categoría. Na seguinte logrou a permanencia e en marzo de 2016 foi cesado.

Logo sentouse no banco do Lugo. Levou ao equipo a completar a súa mellor temporada en segunda, finalizando noveno, con 55 puntos. Non renovou e fichou polo Valladolid.

Foi destituido co equipo a tres puntos da pelexa polo ascenso, a falta de oito xornadas para o fin da liga.
E a pasada campaña dirixiu ao Tenerife nas últimas catro xornadas e salvouno do descenso.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019