CRTVG

Buscar

Luis César quere un Deportivo que gañe e ilusione

Publicado o 19/10/2019 17:32
Recibe a un Málaga tamén en crise

Luís César quere conectar con Riazor despois dunha vivencia dolorosa na súa estrea fóra. Asume sen paliativos a derrota de As Palmas, pero agora é optimista.
 "Vexo moita marxe mellora tanto individual como colectiva", dixo o técnico arousán

Nesta semana tratou de corrixir as peores miserias do euqipo. Agora di velo máis preparado para gañar. Ademais, recupra a seis futbolistas. Cinco deles entraron na convocatoria: Koné, e os internacionais Lampropoulos, Gaku, Montero e Mollejo. Do internacnioal sub19 destacou o extra que lle achega ao equipo.

LUIS CESAR: "Mollejo é entusiasmo, enerxía e iso contáxiase ao equipo, e é bo", comentou

No último adestramento preparatorio, Luís César aplicouse na estratexia defensiva, e no xogo atrevido que quere implantar.



O equipo quedará concentrado esta tarde noite. Tentan facer piña para acometer unha misión básica mañá en Riazor ante o malaga. Ultimo contra penultimo, na presentación do adestrador arousán.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/10/2019