Luis César quere cambiar o xogo do Lugo ao completo
Publicado o 05/03/2021 20:19
O Lugo tamén está pendente dun caso de coronavirus no seu cadro de xogadores. Trátase do terceiro porteiro, Fran Vieites, que está illado e sen síntomas.
Esta tarde fixéronlles PCR aos outros dous gardametas: Ander Cantero e Alberto Varo. Hoxe tamén puidemos ver por primeira vez a Luis César traballando no céspede co seu novo equipo. O técnico arousán estrea esta nova etapa no banco do Anxo Carro o luns fronte ao Fuenlabrada. E ten traballo abondo porque quere cambiar o xogo do Lugo ao completo