CRTVG

Buscar

Luis César, esta noite, en 'Ao contraataque' da Radio Galega: "Christian Santos non estivo acertado"

Publicado o 07/11/2019 20:13

Esta foi a reacción de Luis César Sampedro ás palabras de Christian Santos, anoxado pola súa escasa participación no que levamos de temporada: "Un xogador que non ten os minutos que el desexa, pensa que ten que xogar máis e outros teñen que xogar menos na súa posición. Supoño que pedirá a suplencia dos que están xogando de dianteiros porque de porteiro non creo que queira xogar. Entón, como creo que quere xogar de dianteiro, pensa que el ten que xogar máis minutos que algúns compañeiros. Eu penso que non está acertado. Ao final, nisto do mundo do fútbol hai que manexar os egos de todos os xogadores, no vestiario hai personalidades de todo tipo, caracteres de todo tipo, temperamentos de todo tipo e ao final o máis importante é facer o equipo".

A entrevista íntegra emitirase esta noite no programa Ao contraataque da Radio Galega, a partir das 23:00 horas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019