Luis César: "Dubidas de todo, ata da auga que bebes"
Así describe Luis César o estado dos seus xogadores: "Os rapaces están desquiciados e está mal sentirse así porque ao final non é nin tomar as cousas á lixeira nin estar desquiciado permanentemente ao primeiro contratempo porque ao final vives na zozobra. Podes tentar esquecelo pero estás na zozobra permanente, o meirande inimigo somos nós, non son os rivais".
Unha situación que só ten un remedio eficaz, segundo o arousán. "O único que lles dá confianza son os triunfos, nin as palabras nin os xestos, absolutamente nada. Estás nunha situación cando non gañas na que dubidas de todo e de todos, ata da auga que bebes", sinala o adestrador.
A Copa, diante do Illueca, oitavo da Terceira aragonesa, propicia un escenario aproveitable mesmo cara á Liga.
"Temos que saír de aí, temos que conseguir poñérmonos por diante, temos que conseguir esa vitoria, sexa con quen sexa, se é cun terceira división mañá nos vale. Ese partido válenos para pasarmos a eliminatoria e para que se nos acenda unha luz interior. É o máis importante, a luz interior dos xogadores, están nun túnel", asegura Luis César.
Gandoy, David Sánchez e Valín aportan a cota do filial para a estrea copeira, da que cae Nolaskoain por lesión.