CRTVG

Buscar

Luis Carballo, o publicista creador de "Galicia Moda", falece aos 80 anos de idade

Publicado o 09/02/2019 20:51

O publicista Luis Carballo, un dos creativos galegos de maior éxito, morreu aos 80 anos de idade no seu domicilio de Panxón, en Nigrán. Carballo foi o fundador da revista "Galicia Moda", un referente deste sector na comunidade galega a mediados dos anos 80. Natural de Xinzo de Limia, Carballo foi o impulsor dun dos slogans con máis sona na industria téxtil en España, "La arruga es bella".

Desde a súa compañía, instalada en 1985 en Vigo, levou a cabo campañas de publicidade e desfiles con deseñadores galegos que ofrecían unha imaxe común, innovadora e moi vangardista de Galicia.A comezos dos anos 90, Carballo foi o encargado de popularizar a mascota do Pelegrín, unha icona que se utilizou no Xacobeo 93 e que aínda segue sendo un dos emblemas máis populares dos anos santos composteláns.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2019