Lugomáxico alcanza a súa XVIII edición marcada polas medidas anticovid
En Lugo arrancou hoxe unha nova edición de Lugomáxico, o seu festival internacional de maxia. Desta volta prima a seguridade e mesmo recuperan os espectáculos ao aire libre.
Dende este luns e ata o vindeiro sábado, catro espazos da cidade serán escenario do Lugomáxico, un festival que acada a maioría de idade con 36 actuacións da man de magos nacionais e internacionais. Debido ás medidas anticovid, haberá tres pases de cada actuación.
Hai novos escenarios, actuacións ao aire libre e mesmo se triplican as funcións, pero sempre con entradas numeradas para organizar as diferentes quendas.
Haberá un total de 36 actuacións dirixidas a toda a familia e das cales 34 serán de balde da man de magos e magas galegos, nacionais e internacionais. Medidas actuais para garantir a seguridade ao tempo que se conserva a maxia e se manteñen os sorrisos.