CRTVG

Buscar

#LugoFavorito, relatos do que botamos en falta estes días

Publicado o 31/03/2020 20:51

Baixo o cancelo #LugoFavorito, relatos coma estes inundan as redes sociais. Súmanse así á iniciativa creada por Guido Álvarez, un guía de turismo asentado en Lugo que promove escribir relatos sobre aqueles lugares favoritos que agora tanto botamos en falta.

Nós poñemos imaxe ás súa propostas. O adarve da muralla romana, a contorna da catedral de Lugo ou a emblemática Praza Maior son algúns dos lugares favoritos dos veciños. Agora están desertos, pero pronto tanto os fundadores da cidade como Ánxel Fole volverán estar rodeados de xente.

A iniciativa non remata aquí. Debido á súa grande acollida, pensan xa en facer unha exposición cos textos, editar un libro que recolla todos os relatos e organizar andainas polos lugares que máis se repiten no proxecto #LugoFavorito.

Noticias web

31/03/2020