CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Lugo xa vibra co San Froilán

Publicado o 05/10/2017 14:24

O pregón da escritora Marica Campo na praza Maior de Lugo abriu de xeito oficial o programa das festas do San Froilán. Serán, en total, nove días de celebración con máis de 200 actividades para todos os públicos na que é a maior cita festiva do outono galego.

Para esta xornada, dedicada ao patrón da cidade, agárdase que o recinto feiral se abarrote de novo. Nel hai todo tipo de barracas, dende postos de artesanía, de roupa ou de comida ata as tómbolas, os cabaliños e demais atraccións.

No que é un dos días grandes das festas, as tradicionais casetas do polbo énchense de comensais. Dado que é festivo local, a maior parte do público procede da propia capital luguesa.

Os ritmos balcánicos de Goran Bregovic foron a banda sonora da primeira de moitas noites de troula desta nova edición do San Froilán. A cabeza de cartel desta xornada é a cantante galega Rosa Cedrón, que ofrecerá un concerto na praza de Santa María.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí