CRTVG

Buscar

Lugo, única cidade que queda no nivel medio de restricións

Publicado o 07/09/2021 20:33

• A partir do sábado non haberá concellos en Galicia no nivel máximo tras saíren del Ordes, Monforte e Melide

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid−19 acordou establecer o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 11 de setembro.

Mañá, o presidente da Xunta explicará en conferencia de prensa posterior ao comité clínico deste luns o novo protocolo polo que se rexerá a hostalería. Haberá dous niveis de seguridade independentemente da situación sanitaria do concello en que se atopen os establecementos e serán estes os que decidan os niveis de seguridade en que traballan.

Noticias web

07/09/2021