Lugo suspende e eleva á Fiscalía o proceso selectivo de Policía Local por sospeitas de filtracións
Publicado o 15/09/2021 22:41

O Concello de Lugo suspende temporalmente o proceso selectivo para cubrir prazas de inspector na Policía Local, ante posibles filtracións das preguntas. A presidenta do Tribunal detectou coincidencias nas respostas da parte práctica de 4 axentes, que foran tamén os que obtiveran a maior puntuación no exame tipo test. Os catro coincidiron incluso nos erros. O Concello de Lugo puxo os feitos en coñecemento da Fiscalía para que investigue o caso.