CRTVG

Buscar

Lugo súmase aos aloxamentos en cabanas de madeira situadas en plena natureza

Publicado o 21/03/2021 19:15

De madeira e situadas nunha contorna natural de bidueiros, carballos e o río Mera. Así son as cabanas que acaban de abrir en Lugo, a medio camiño entre o turismo rural e o cámping.

As tres cabanas, feitas por eles mesmos, están totalmente dotadas de mobiliario e menaxe, e climatizadas.

Situadas a sete quilómetros de Lugo, ocupan hectárea e media dun bosque, de aí que os clientes valoren o seu emprazamento.

Se ademais da tranquilidade se busca minimizar o risco de contaxio do coronavirus, as cabanas impóñense como unha alternativa segura.

Unha forma de gozar da natureza a dous metros sobre a terra.


 

Noticias web

21/03/2021