CRTVG

Buscar

Lugo suma un novo atractivo coa visita ás torres da catedral

Publicado o 13/08/2017 14:20

Por só cinco euros e de martes a sábado poden realizarse estas visitas guiadas

A catedral de Lugo achégalles aos visitantes a oportunidade de coñecela dende unha perspectiva diferente. Ás visitas polo seu interior e polo museo diocesano súmase outra iniciativa, a de subir polas torres e admirar a cidade dende o alto da fachada da propia catedral.

Despois da muralla romana, a catedral é un dos monumentos máis visitados da cidade de Lugo. Agora, ademais de admirala por fóra e coñecela por dentro, os visitantes poden acceder tamén ás súas torres. Despois de subir 164 chanzos e dende uns 52 metros de altura a catedral ofrece unhas fermosas e peculiares vistas da cidade.

En só un mes preto de 800 persoas participaron xa nesta iniciativa que fascina veciños e visitantes.

Por só cinco euros e de martes a sábado poden realizarse estas visitas guiadas que permiten admirar dende as alturas a beleza desta cidade bimilenaria.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2017