CRTVG

Buscar

O empate entre Lugo e Sporting foi un reflexo do que se viviu no campo

Publicado o 23/12/2018 15:11

O empate final entre o Lugo e o Sporting foi o reflexo do que se viviu no Anxo Carro con igualdade no campo e nas bancadas.

Cunha primeira metade para o Sporting, na que Babin, estrelou unha pelota no poste.

Na que Djurjevic estragou unha clara oportunidade con toda a portería para el.

E na que Juan Carlos detivo rexeitou un disparo de Peiberné antes do descanso.

A segunda parte foi do Lugo, que contou con tres boas ocasións de marcar nos primeiros tres minutos.

Pero nin Cristian Herrera, nin Escriche, nin por último Iriome, acertaron a superar ao galego Mariño que sumou o seu terceiro encontro sen recibir un gol.

Finalmente este paradón de Juan Carlos salvou un punto para o Lugo que acumula tres encontros sen perder.

Alberto J. Monteagudo. Adestrador do C.D. Lugo. "Un partido que a sensación que teño é que podíamos gaña-lo e perderlo, pero sí é certo que na segunda parte vin ao Lugo que a min me gusta, un Lugo danino"

A vindeira cita do Lugo vai sen en Riazor fronte ao Deportivo. Alí viaxará sen os dous centrais, Vieira e Josete que viron o seu quinto cartón amarelo.

Alberto J. Monteagudo. Adestrador do C.D. Lugo: "A ver como o reconstruimos, como está a xente, e nada a descansar, a desconectar esta semana e a romperme a cabeza eu, que desconecten elos porque eu non creo que desconecte".

O derbi afróntase en Lugo coma un regalo de Reis.

 

Noticias web

23/12/2018