CRTVG

Buscar

A área sanitaria de Lugo, a única en que baixan os casos activos, con seis menos

Publicado o 01/08/2020 14:55

Burela recupera a normalidade despois de pasar tres semanas confinada por mor dun gromo de coronavirus. Arestora hai 39 casos activos en toda A Mariña.

No total da provincia hai 74 persoas afectadas e tres delas hospitalizadas: unha en Lugo e dúas no hospital da costa.

A de Lugo é a única área sanitaria de Galicia que rexistra un descenso no número de positivos
En condicións normais Burela estaría celebrando a festa do bonito. Suspendeuse para evitar contaxios.

O sector da hostalería é dos máis afectados polo confinamento que sufriu Burela durante o mes de xullo. Segundo van baixando o número de casos de coronavirus levántanse as restricións. Con todo, o volume de negocio resentiuse de forma importante.

No Concello lucense de Paradela, unha traballadora do centro de día deu positivo. Leva días de vacacións, pero aínda así decidiuse pechar a residencia ás visitas.

 

Noticias web

01/08/2020