CRTVG

Buscar

Soben a 26 os usuarios con covid-19 no centro de Aspronaga de Oleiros

Publicado o 14/09/2020 15:41

A provincia de Lugo chegaba ao mes de agosto cunha das taxas de mortalidade máis baixas a nivel nacional e coas súas residencias a salvo da Covid-19.

A situación muda ao detectarse o gromo na residencia do Incio, en que faleceron 21 residentes. Tamén hai boas novas: 16 internos xa recibiron a alta e hoxe non houbo novos contaxios. Polo momento o número de enfermos é de 59 residentes e 36 traballadores.

"Estamos máis traquilos a situación foise normalizando un pouco, a xente aínda está asustada, pero tirando para adiante", comentan os veciños.

Na residencia de Outeiro de Rei tamén viron como os casos se dispararon nos últimos días. A cifra de contaxios acada os 164, dos cales 141 son usuarios e 23 traballadores, despois de sumar un novo positivo entre o persoal laboral.

A situación preocupa tamén na residencia de discapacidade Ricardo Baró de Aspronaga de Oleiros, onde se contabilizan 14 novos positivos entre os usuarios que suman xa 26 enfermos. Tamén hai dous traballadores contaxiados.

Das tres vítimas mortais rexistradas nas últimas horas en Galicia, unha procedía dun centro residencial de Ourense.

Noticias web

14/09/2020