CRTVG

Buscar

Lugo recuperará as casetas do polbo no San Froilán

Publicado o 07/07/2021 19:45

É o símbolo por excelencia do San Froilán e este ano terá de novo o seu protagonismo. As casetas do polbo volverán a Lugo logo da pausa provocada pola pandemia. Faltan menos de tres meses e o concello traballa xa nas patronais.

A volta das casetas é ben acollida entre os hostaleiros, que pagarán máis ou menos polos postos en función das restricións sanitarias que rixan nese momento. So agardan que non haxa moitas limitacións no aforo.

Un retorno con boa acollida tamén na rúa.

E hai confianza en que a pandemia non vai estropear a festa.

Así pois, se a covid non o impide, poderemos cumprir coa tradición do polbo a partir do 1 de outubro.

Noticias web

07/07/2021