CRTVG

Buscar

Lugo Monumental recorre contra a obriga de pedir o certificado covid na hostalería

Publicado o 05/08/2021 12:08
Lugo Monumental recorre contra a obriga de pedir o certificado covid na hostalería

A Asociación de Empresarios Lugo Monumental recorreu xudicialmente contra algunhas das restricións aprobadas pola Xunta para o sector da hostalería, como a obriga de pedir o certificado covid nos lugares con máis incidencia.

Din que as medidas prexudican gravemente os seus negocios, ao tempo que dubidan da súa eficacia para loitar contra a pandemia. Tamén cren que discriminan os locais de ocio nocturno. Piden que se establezan as restricións por horarios e non por tipo de establecemento.

Noticias web

05/08/2021