CRTVG

Buscar

Lugo mantense como a área sanitaria galega con menos casos activos

Publicado o 15/02/2021 17:35

Lugo é a área sanitaria galega que ten menos casos activos. O número de casos activos segue baixando e achégase ao milleiro, con 1.171 persoas coa enfermidade.

Tamén descenden os novos contaxios, pero de momento non se ve alivio na presión asistencial que se mantén como estaba. Con 87 ingresos en planta e UCI nos tres hospitais da provincia.

As autoridades sanitarias manteñen baixo seguimento a situación na capital, por ser o municipio máis poboado. A incidencia en Lugo cidade está hoxe nos 291 casos por cada cen mil habitantes. E a segunda cidade galega, tras Vigo, coa incidencia máis baixa.

Noticias web

15/02/2021