Lugo limita a 30 minutos e 3 persoas as visitas ao cemiterio en Defuntos
Para tentar evitar imaxes coma esta o concello de Lugo decidiu limitar o tempo de visita e o número máximo de visitantes ao cemiterio por Santos e Defuntos.
30 minutos e 3 persoas máximo por sepulcro. Son as principais medidas para evitar riscos de contaxio por coronavirus nesas xornadas de afluencia masiva ós camposantos.
Ainda quedan dúas semanas pero moitos aproveitan xa para acudir ós camposantos. Din que prefiren evitar a fin de semana do 1 de novembro para non correr riscos polo coronavirusu.
Tamén moitas parroquias van tomar medidas para evitar riscos nas misas de Defuntos.
En Quiroga medio concello vai quedar sen celebración porque o crego que atende 12 parroquias non quere que se reproduza o gromo de coronavirus que padece na actualidade.