CRTVG

Buscar

Lugo fai catro anos sen servizo da ORA

Publicado o 08/07/2019 19:32

Ía ser unha situación temporal, pero catro anos despois non hai perspectivas de cambio. Lugo segue sen zona azul. Moitas máquinas están xa desfeitas, a pintura sinalizadora desaparece e as autoridades non propoñen ningunha alternativa para regular os aparcadoiros. Entre os condutores hai quen di que polo menos no centro si que sería necesaria a zona azul. Pero, en xeral, hai división de opinións

"Sempre temos sitio para aparcar. Non sei as arcas municipais a que nivel o viven, pero como cidadán me é mesmo máis cómodo", asegura un veciño. Outro condutor, pola contra, di que "Os que andamos dun lado para outro... Sen ORA hai coches que están aparados o dia enteiro, o normal sería que houbese ORA". "Por un lado está ben, como residente resultábame máis cómodo aparcar or eiquí porque non había problema de espazo. O que pasa que o problema non é o da zona azul, senón que debía haber máis aparcadoiros públicos tamén no centro que estiveran ao alcance de todos e se o sistema de zona azul", engade un condutor.

A ORA funcionou en Lugo 30 anos, pero foi suspendida polo goberno local para acatar unha sentenza. Falouse entón de buscar outro sistema que favorecese a rotación no estacionamento de vehículos, algo que nunca chegou,

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019