CRTVG

Buscar

Lugo está entre as provincias con menos seguros de decesos

Publicado o 30/10/2019 20:38

En España, case a metade da poboación conta cun seguro de decesos. A implantación deste tipo de pólizas sobresae no sur da Península e Galicia sitúase na zona media, pero por provincias destaca Lugo. Menos do 25% da poboación conta con este tipo de seguro e a maioría aposta máis por pagar en man.

Nas empresas do sector sinalan que a situación varía moito dependendo das zonas e que no rural moitos apostan por organizalo todo directamente coas funerarias, que son as que finalmente realizan o traballo, sen ter de intermediario a unha compañía aseguradora.

Con seguro ou sen el a morte conleva un gasto que oscila normalmente entre os 3.000 e os 5.000 euros.

Noticias web

30/10/2019