CRTVG

Buscar

Lugo entra no nivel alto de restricións

Publicado o 31/07/2021 14:41

A partir de hoxe o xesto de amosarlle o certificado de vacinación aos camareiros será habitual en Lugo, unha cidade que conta con 629 casos rexistrados nos últimos catorce días, unha marca que asusta as autoridades sanitarias.

Na mañá do sábado os cafés estaban a medio gas. Parece que os clientes prefiren o exterior para evitar contaxios. Os que entran deben amosar o seu certificado de vacinación.

Na área sanitaria de Lugo hai 26 hospitalizados e 3 persoas ingresadas na UCI.

Noticias web

31/07/2021