CRTVG

Buscar

Lugo encabeza as incorporacións de mozos e mulleres ao campo

Publicado o 26/07/2021 20:45

Arredor do 50 % dos mozos que comezaron a traballar no campo nos últimos catro anos son da provincia de Lugo. En total 609 persoas que dirixen explotacións, sobre todo gandeiras. Só o ano pasado, os novos labregos lugueses recibiron 3,5 millóns de euros como axudas a incorporación. E é que teñen claro que o futuro pasa por profesionalizar e tecnificar a actividade para poder compaxinar o traballo co tempo de lecer e coa familia.

A incorporación das mulleres como titulares das explotacións é cada vez maior. Nas granxas de ovellas xa supoñen o 50 % das persoas empregadas, aínda que en moitas figuran como socias ou asalariadas. Nesta granxa de Palas de Rei contan por vez primeira cunha muller contratada, e é que ante a falta de man de obra preparada as mozas ven na gandería unha solución laboral.

A materia pendente segue a ser a igualdade. Aínda que o 57 % das explotacións están a nome de mulleres, a cantidade de axudas económicas que reciben da PAC segue a ser notablemente inferior, cunha media de 2.000 euros menos ao ano respecto das granxas rexidas por homes.

Noticias web

26/07/2021