CRTVG

Buscar

Lugo é a provincia onde a compra en liña sae máis barata

Publicado o 26/07/2021 14:41

Cun simple clic, produto na cesta, e uns minutos despois, na porta da casa. Máis rápido, máis sinxelo, pero, aínda así, os galegos preferimos: "Supermercado"; "Vou ao súper"; "O online e eu non nos levamos ben".

O motivo, cando se trata de alimentación seguimos guiándonos polo ollo. "Eu quero ver e tamén tocar"; "Encóntrome máis cómoda mercando, sei o que compro"; Ves o produto é elixes"; "Cosméticos e hixiene si, pero alimentación non".

Acudimos ao súper aínda que a compra en liña sae máis barata. "Non sabía, pois teño que probar"; "Online é máis cómodo e doado".

E os lugueses son os que máis aforran. "Lugo é a máis barata para realizar a compra no supermercado, pero toda Galicia é a máis barata. Son decisións dos supermercados, algúns teñen prezos estables e outros os varian por razóns de competencia", Marta Esteve, fundadora do portal Soysuper.com, que realizou a comparativa de prezos.

E o resultado dun estudo sobre máis de 150.000 produtos e unha comparativa de prezos entre as diferentes comunidades.

Noticias web

26/07/2021