CRTVG

Buscar

Lugo é a provincia máis barata para encher o carro da compra

Publicado o 27/08/2021 15:29

"Pois non sei onde é máis barato, será en Lugo, para comer é Lugo". "Oxalá fose que entón si que me alegraría", "Tamén serán os salarios máis baixos, é o que hai que comparar", comentan unhas veciñas de Lugo.

O prezo dun mesmo produto e da mesma marca varía segundo os supermercados pero tamén hai diferenzas segundo as cidades. Así se desprende dun estudo realizado por unha compañía que se dedica a comparar o custo dos produtos entre os supermercados de venda en liña, e en que Lugo figura como a provincia máis barata de toda España.

"A sensación que teño é que é máis caro fóra, sobre todo se vou a Madrid ou a algunha cidade grande". "Hai produtos que valen o mesmo se é o Eroski de aquí que o Eroski doutro sitio e hai outros que non, depende, pero si algo máis barato é aquí". "Eu creo que incluso dentro de Galicia hai diferenza entre Lugo e as cidades grandes como A coruña e Vigo" falan na rúa.

Segundo este estudo, os supermercados de Lugo son un 1,68 % máis baratos, seguido das provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra.

"Tamén os salarios pode ser que sexan máis baixos, se o salario é máis baixo tampouco pode estar a cesta da compra tan cara como noutras cidades", opina unha señora.

Os que sempre compran en Lugo apenas notan a diferenza, hai que viaxar para decatarse.

"Para nada, para nada, cada día sobe máis todo e eu noto esa diferenza noutros sitios". "Ben eu como nada máis que compro aquí pois non o sei".

Pois segundo esta investigaciòn, Lugo lidera esta listaxe dende hai xa sete anos.

Noticias web

27/08/2021