CRTVG

Buscar

Lugo é a provincia galega onde máis se gasta en lotaría de Nadal

Publicado o 02/12/2019 20:12

Xa estamos en decembro e comezou a conta atrás para unha das tradicións máis senlleiras do inicio do Nadal, a lotaría. É na provincia de Lugo onde teñen o gasto medio por persoa máis alto de toda a comunidade.

A tradición da lotaría de Nadal mantense e a poucos días para o sorteo as administracións están ateigadas. Por provincias son os lucenses os que máis gastan cunha media de 85 euros por persoas fronte aos 75 da Coruña, os 65 de Pontevedra ou os 50 euros de media de Ourense. Con todo, botar as contas é complexo.

Outros non se atreven a desvelar o seu gasto.

E hai quen sobrepasa de longo a media.

O gasto en Lugo aumentou tras o gordo de Nadal que hai dous anos deixaba nesta administración de Vilalba 520 millóns de euros.

Entre a multitude que ven a probar sorte tamén atopamos afortunados que a buscan de novo.

Á espera da sorte non falta aquí esperanza e moita ilusión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019