CRTVG

Buscar

Lugo compite polo recoñecemento de cidade máis accesible de Europa

Publicado o 11/09/2019 17:14

A capital luguesa aspira a gañar o Access City Award, un galardón da Unión Europea que premia as políticas de supresión de barreiras arquitectónicas en todos os espazos públicos e lugares de interese turístico.

O premio está dotado con 150.000 euros que se destinarían a seguir mellorando a accesibilidade en Lugo. O obxectivo é alcanzar a chamada cota cero, que significa a eliminación de calquera barreira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019