CRTVG

Buscar

Lugo celebra por todo o alto o día do patrón

Publicado o 05/10/2019 22:10

Lugo celebra por todo o alto o día do patrón. Veciños e visitantes viven nas rúas as festas de San Froilán. A música ten o seu protagonismo, calquera recuncho da cidade convértese en improvisado escenario e o recinto feiral é visita obrigada para nenos e maiores. Dentro dun momento, ás dez da noite, está previsto o concerto de La Habitación Roja, na Horta do Seminario, e unha hora máis tarde, Def con Dos actúa na praza de Santa María, ambos os dous concertos de balde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2019