CRTVG

Buscar

Lugo celebra o seu Arde Lucus marcado polas restricións

Publicado o 18/06/2021 16:09

En Lugo respírase xa o ambiente festivo. Están co Arde Lucus, a festa romana e castrexa que se vai prolongar ata o vindeiro domingo, aínda que con algunhas restricións.

Actividades virtuais nas redes con outras presenciais en diversas prazas, todas elas seguindo un estrito protocolo de seguridade. Este venres arrancan as visitas aos campamentos das lexións romanas e tamén dos castrexos, moi reducidas tamén con respecto a outros anos.

A festa supón un alivio para o sector turístico, que, malia que a previsión do tempo non é moi esperanzadora, agarda unha ocupación de ata o 80 por cento nesta fin de semana. Ademais, buscan que sexa declarada festa de interese turístico internacional.

 

 

Noticias web

18/06/2021