CRTVG

Buscar

Lugo, capital equeste do noroeste peninsular co Equigal

Publicado o 17/05/2019 21:59

María é unha das participantes da exhibición de saltos. Ten 21 anos e dende os tres monta dacabalo. É de Santiago, pero a súa egua, Hermine, vive nun hipódromo en Lugo, co cal María desprázase todas as semanas para vela e montala. Hai catro anos que están xuntas.

O mundo do cabalo é unha paixón que move milleiros de persoas. Equigal é un reclamo para todos eles.

Tamén se celebrou o campionato galego de andadura. Martín, de Viveiro, foi un dos participantes

Tamén participou no campionato Patricia, unha ferrolá que só leva con invictus, o seu cabalo, dous meses. Hoxe é a súa estrea conxunta diante do público. A Patricia esta afección dálle moito.

Na fin de semana vanse celebrar concuros morfolóxico de pura raza ártabe e española, un torneo de open horseball e un bautismo equestre con cabalo de pura raza galega.

Noticias web

17/05/2019